ACERCA DE EUMEK.O.

O proxecto naceu do interese de docentes do CIFP Fraga do Eume da realización de bombóns artesáns de autor, coa trazabilidade Bean to Bar (Da Faba á tableta).  

Querían investigar na realización de produtos propios e exclusivos, realizados cun proceso que comezou coa selección das fabas de cacao, o toste artesán da materia prima e finalizou con busca de recheos de produtos da nosa contorna.

Escolléronse as calidades propias das creacións elaboradas polo centro educativo, sendo autenticamente diferenciadas, ademais, querían ter un valor ético na proposta. Os produtores e produtoras das fabas de cacao recibiron un prezo xusto pola súa materia prima.

O Proceso

Os graos secos son tostados a unha temperatura controlada para desenvolver os seus sabores e aromas característicos.

Os graos tostados son descascados para eliminar a casca exterior e deixar exposta a améndoa de cacao

As nibs de cacao son moídas producíndose a pasta de cacao.

As elaboracións cos nosos chocolates

As posibilidades de elaboracións co noso chocolate «Bean to Bar» son tan variadas como a nosa imaxinación. Podemos crear chocolates e bombóns persoalizados para cada ocasión.

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar